Cómo citar bibliografía

Publicado: diciembre 8, 2012 en Uncategorized

Otra guía útil, de nuevo aportada por la Universidad Carlos III de Madrid, sobre cómo se debe citar la bibliografía en un Trabajo de Fin de Grado.

Enlace PDF aquí.

Cómo hacer presentaciones atractivas

Publicado: diciembre 8, 2012 en Uncategorized

Interesante guía aportada por la Universidad Carlos III de Madrid -al hilo de la entrada ‘Traballo de fin de grado’ expuesto en el Aula Virtual- sobre cómo hacer interesante y amena una presentación de un trabajo.

Enlace PDF aquí.

Juan Antonio Giner, periodista y doctor en Derecho, es cofundador y presidente de INNOVATION International Media Consulting Group, una de las empresas de consultoría periodística más prestigiosas del mundo. Ha sido profesor en las universidades de Navarra, Columbia, Stanford y Harvard.

A continuación reproduzco alguna de las citas más interesantes que se incluyen en una entrevista concedida al medio digital La Información.

«Aunque seamos una estirpe en riesgo de extinción, el Periodismo con mayúscula nunca desaparecerá. Cambian los modos y las técnicas pero no lo esencial. Sobreviven siempre los que se adelantan a las nuevas tendencias: los innovadores.»
 
«Los periodistas deben ser leales con sus empresas, sí, pero sobre todo con sus lectores.»
 
«La desconfianza de la gente se extiende también a la prensa en la medida en que muchos periodistas viven demasiado cerca del poder.»
 
«Sólo conseguirán trabajo [en el  mundo de la comunicación] los mejor preparados, los que tengan la cabeza mejor amueblada, dominen las nuevas narrativas multimedia, no sean monóglotas y, sobre todo, estén dispuestos a comerse el mundo.»
 
«La «nube» va a revolucionar nuestras redacciones. La ominipresencia de las comunicaciones inalámbricas dará paso a «redacciones virtuales». Eso es una gran noticia porque nos alejará del mundo de los «recortajes», del «cortar y pegar» que genera un periodismo de bajo coste cuyas únicas fuentes son Internet. Hay que vaciar las redacciones tradicionales, y hay que reconvertirlas en centros de control desde los cuales se coordine la cobertura de nuestros periodistas.»
 

La entrevista completa aquí.

 

‘Estratexias de busca documental’

Publicado: noviembre 5, 2012 en Uncategorized

Non existen pautas que faciliten todas as buscas. Cada consulta é distinta.

Este podería ser un procedemento básico de traballo:

  1. Plantear o asunto dende distintos puntos de vista
  2. Determinar que se sabe do asunto
  3. Formular a busca mediante:
    1. Selección de palabras clave que representan o que se busca (utilizar dicionarios, sinónimos, tesauros, etc.)
    2. Tradución das palabras importantes a outros idiomas (inglés)
    3. Seleccionar as ferramentas de busca (índices, motores, metabuscadores). Pódese usar distintas ferramentas ó mesmo tempo.
    4. Aplicar as palabras clave nas ferramentas de busca seleccionadas

Consellos:

  • Ir aos sitios e bases de datos pertinentes
  • Estar pendente dos novos números das revistas especializadas
  • Identificar palabras claves axeitadas, utilizar varias para afinar a busca
  • Utilizar las opcións de busca avanzada

‘Sistemas de busca na web’

Publicado: noviembre 5, 2012 en Uncategorized

Como buscar e recuperar información?

Nunha sociedade na que se está a xerar unha cantidade de información como nunca antes se xerara (infoxicación), necesítanse dispositivos, ferramentas, mecanismos que permitan a localización eficaz, sinxela e rápida dos materiais, que posibiliten o acceso ao que se necesita para satisfacer unha urxencia documental.

Hai unha grande variedade de instrumentos na web para desenvolver o traballo de busca e recuperación da información pertinente, entre eles atopamos os seguintes:

Buscadores ou motores de busca. Sistema de información documental que facilitan a consulta e a recuperación da información contida na arañeira mundial. Son, agora mesmo, o primeiro instrumento para acceder aos contidos da web.

Indexan a información ou recursos de forma automática por medio de programas informáticos ou robots, integrándoos nunha base de datos á que se van dirixir as consultas.

O exemplo máis coñecido: www.google.com

Directorios ou índices temáticos. Son listados organizados de enlaces. Ordenan os recursos cronolóxica ou xeograficamente, por temas ou categorías, ou por combinación

Características

–          Son doados de utilizar

–          Son recomendables para buscas nas que o usuario non controla moito do asunto ou tema.

Multibuscadores. Sitios que permiten  a consulta simultánea en diversos motores de busca e índices temáticos da rede a partir dunha consulta única, presentando os resultados de cada motor ou índice por separado.

Exemplo: http://www.buscopio.net/esp/index.php

Metabuscadores. Solucionan a principal dificultade dos multibuscadores, a devolución dos resultados separados por motor de busca. Son instrumentos de busca de recursos que usan os índices de varios buscadores para responder ás consultas dos usuarios. Recollen os mellores resultados que ofrecen os motores de busca para unha consulta específica.

Exemplo: http://www.vivisimo.com

Buscadores especializados. Sistemas de información que actúan nun dominio concreto, con acceso a contidos de calidade sobre esa área específica que hai na web. Funcionan sobre páxinas non indexadas polos motores de busca xeneralistas e, incluso, na web invisible.

Exemplo: http://scholar.google.es/

Buscas avanzadas. Cada vez que buscas unha palabra, o resultado de enlaces é moi xenérico. Pero hai xeitos de buscar termos ou expresións concretas.

Para facer buscas avanzadas tan só hai que engadir certos operadores.

Operadores

Elementos que axudan a definir a busca. Permiten enfocar a busca relacionando termos e definindo a relación que pode existir entre eles.

Prodúcese un cambio na consideración do termo documentos. Hai que idear outras denominacións como consecuencia da ruptura entre soporte e contido.

Definición

A definición clásica de documento é todo o que leve sobre si información útil para o coñecemento.

Segundo Amat (1994, 33) O soporte físico non importa, o que si importa é o contido, que se poida reutilizar para o coñecemento.

Ademais define a explosión informativa como a diminución calidade pola inflación informativa ou necesidade dos investigadores a publicar (Amat, 1994, 18-21)

Finalidade

O documento presenta 2 finalidades esenciais:

  • Primeira ou inmediata, finalidade informativa
  • Última ou mediata, a finalidade propia do usuario

Tipoloxía dos documentos

Para delimitar a taxonomía, recorrese a 4 dimensións:

  • Soporte físico ou material
  • Mensaxe informativo ou tipo de información
  • Transmisión e difusión do documento
  • Formas de codificación (analóxico e dixital)
  1. 1.       Documento segundo soporte físico (José López Yepes):
  • Pedra, arxila, papiro, pergamiño, papel. Soportes tradicionais
  • Plástico (microformas. Soporte transparente ou opaco (en folla ou en cinta enrollable)
    • Material químico (películas)
    • Magnético (cintas vídeo, disquetes, casetes, etcétera)
    • Ópticos (CDs, DVD…)
  1. 2.       Documento segundo a mensaxe
  • Segundo a forma de expresión:

Textuais e non textuais

  • Formas básicas:

Texto

Son

Imaxe (fixa ou en movemento)

  • Formas combinadas

Información audiovisual (imaxe e son)

Información multimedia (texto, son, imaxe fixa, imaxe en movemento, animación, realidade virtual)

  • Segundo o tipo de información, establécese a distinción entre:
    • Documentos administrativos ou de xestión. Son obxectivo da Arquivística: correspondencia, facturas, nóminas, contabilidades, expedientes, imaxes, vídeos, etcétera.
    • Documentos de tipo bibliográfico o cognitivo. Os seus contidos son de tipo cultural ou científico. Son obxectivo da Documentación.
  1. 3.       Documento segundo o grao de difusión
  • Públicos
  • Reservados
  • Inéditos

No entorno dixital prodúcese a ruptura da unidade contido / soporte. Este feito leva a preguntarse, como facíamos ao principio deste resumo, se se pode seguir falando de documentos cando xurde no século XX a información dixital, que desemboca na ruptura entre soporte e contido.

Aparecen entón diversas formas de mención: documento electrónico, documento dixital, documento virtual (María Jesús Lamarca):

Valor dun documento

Existen 3 condicións básicas que garanten o valor dun documento:

  • Autenticidade. Comprobación da orixe
  • Fiabilidade. A información é verificable
  • Accesibilidade. A posibilidade de localizar e usar por algún procedemento

Traballo sobre o texto de José Antonio Marina: “El síndrome de inmunodeficiencia social”

(El Mundo Orbyt).

Título

El síndrome de inmunodeficiencia social

Resumo do texto

Ao igual que o organismo dun individuo, unha sociedade pode tamén perder a capacidade de defenderse, e volverse incapaz de illar, combater, neutralizar ou expulsar os elementos daniños. As súas defensas debilítanse, faise máis vulnerable e non reacciona ante o agresor que a ataca.

A proliferación de casos delituosos no mundo político, e no mundo empresarial, a quebra da confianza nas institucións, a desmoralización… son unha proba de que a nosa saúde é precaria.

É doado detectar varios factores que diminúen as defensas do organismo social. Talvez o máis demoledor sexa a carencia de pensamento crítico. Parece que estamos encantados de que nos estafen. Aplaudimos os pícaros, convertémolos nun espectáculo, co que quitamos mordente aos seus atropelos.

Unha serie de crenzas patóxenas diminúe tamén a capacidade de resposta, entre elas atopamos as seguintes:

A convicción de que todo desaforo queda impune.

A crenza na inevitabilidade do fenómeno. Posto que as cousas son como son e non teñen remedio, para que esforzarse? É ao que lle chamamos impotencia confortable.

Unha crenza especialmente insidiosa pola súa equivocidade é a que mantén que a tolerancia é a gran virtude da democracia. Así sucede cos comportamentos deshonestos. Para percibilos, necesitamos que sexan cada vez máis grandes, máis escandalosos. Pola contra, nin os vemos.

Por último, o noso sistema inmunitario social queda danado polo efecto tóxico da corrupción.

Todos temos a obriga de xulgar sobre cousas que afectan ao ben común, e para iso debemos poñernos en condicións de xulgar xustamente: informarnos, buscar a obxectividade, non nos deixar levar por preferencias emocionais nin por intereses persoais ou sectarios.

Cal é a solución? Fortalecer o sistema inmunitario social, as súas defensas. E para iso temos receitas eficaces. A primeira, sen dúbida, o castigo exemplar. A segunda, fomentar o pensamento crítico.

Outro fortalecedor das defensas é a participación cidadá.

Atopamos tamén a necesidade de defender un marco ético. A ética é unha norma suave e eficiente de coacción social. A intolerancia cara ás condutas inmorais debe ser total, porque rompen a estrutura mesma da convivencia.

E por último, o grande antídoto: a repulsa social.

Claves sobre as que imos documentarnos

– Corrupción política

– Corrupción empresarial

– Confianza da xente nas institucións públicas

– Carencia de pensamento crítico

– A impotencia confortable

– A participación cidadá nas institucións públicas

– Materia “Educación para la Ciudadanía”

– Marco ético que defende a Constitución Española

– A eficacia do Estado de Dereito

– A eficacia do sistema xudicial

Fontes que imos a consultar

– Medios impresos e as súas respectivas webs dixitais (nalgunhas destas existe un apartado propio para algunha das propostas efectuadas, véxase: http://elpais.com/tag/corrupcion_politica/a/ ) Son unha fonte relevante dado que neles podemos atopar múltiples casos cos que constatar informacións.

– Adolfo Domínguez. Un dos empresarios galegos máis recoñecidos mundialmente (por detrás de Amancio Ortega) e actualmente residente en Galicia. Concertar unha entrevista co dono da marca que leva o seu nome sería tremendamente interesante para coñecer a situación empresarial en España e incluso no mundo (a súa firma conta con 600 tendas distribuídas por diferentes países). Ademais Adolfo Domínguez xa se ten pronunciado nos medios nalgunha ocasión para “pedir o despido libre e acabar con un país de pícaros” (http://www.elmundo.es/mundodinero/2010/02/03/economia/1265218866.html)

– Sindicatos de traballadores (CC.OO, UXT, etc.) Posto que o seu obxectivo é defender e reivindicar os dereitos dos traballadores e evitar que se cometan inxustizas laborais. Una posible fonte a entrevistar sería Jesús A. Castro Baamonde secretario xeral de Comisións Obreiras en Lugo-Lemos.

– A cidadanía. Coñecer a súa opinión é clave para documentarnos a cerca de varios dos aspectos sinalados anteriormente. Para isto poderíanse facer enquisas, ou empregar outros métodos de obtención de información.

– Carolina Tinajero Vacas (Decana da facultade de psicoloxía da USC) A súa opinión a cerca da carencia de pensamento crítico ou da chamada impotencia confortable podería resultar moi útil para documentarnos sobre estes temas.

– Xosé Ramón Cando (Profesor de Educación para a cidadanía no I.E.S. Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo). A través desta fonte coñeceríamos o programa da materia así como a súa función e utilidade para o alumnado.

– Algún membro do sistema xudicial español. Serviríanos para coñecer a súa estrutura e para debater as críticas que recibe dende fóra este poder estatal (a súa ineficacia, lentitude, etc.) Posibles causas e consecuencias. Unha boa fonte para consultar sería a xuíza Pilar de Lara Cifuentes (actualmente leva o Caso Pokémon e investigou o Caso Carioca), reside en Lugo.

Conclusións

O artigo de José Antonio Marina “El síndrome de la inmunodeficiencia social” ademais de retratarnos unha sociedade na que se comeza a aceptar como normal o indecente, abre a porta á investigación de moitos aspectos que dan lugar a esta situación, entre eles algúns dos comentados anteriormente. Investigacións que requiren un gran aporte documental a través de fontes específicas.

Con respecto ás ideas expostas no artigo, quedo especialmente con dúas:

–          “Aplaudimos a los pícaros, los convertimos en un espectáculo, con lo que quitamos mordiente a sus tropelías” É ben sabido que en España aquel que por exemplo, evade  impostos ou realiza mil artimañas para pagar menos do que debe é considerado polos seus achegados heroe nacional.

–          “Puesto que las cosas son como son y no tienen remedio, ¿para qué esforzarse?” O exemplo máis claro desta afirmación atopámolo no tema da reciclaxe e a concienciación no tema da contaminación. Para que nos vamos a esforzar en separar o lixo en diferentes colectores, ou en ir a traballar en bicicleta e non en coche se outros non o van a facer e non vamos a cambiar nada? Na miña opinión, está claro que un gran non fai celeiro pero axuda ao compañeiro.

Comentario Artigo de Carlos Moreno

Publicado: octubre 28, 2012 en Uncategorized

Los libros dejarán de ser cosas aisladas y los artículos dejarán de publicarse en revistas impresas, muy lentas y caras o demasiado saturadas, cuando no copadas por grupos restringidos o santones de la disciplina. El problema es su aceptación en los ámbitos académicos, demasiado condicionados todavía por el medio impreso.

Por el momento, los medios electrónicos van a sustituir al papel como forma de conservación y manipulación de lo escrito, sobre todo en aquellas tareas más engorrosas o mecánicas de búsqueda, selección y comparación de los textos, o de los datos que éstos proporcionan, las tareas documentales, en suma. Las tareas investigadoras se verán también muy facilitadas y perfeccionadas. Es posible incluso, con las técnicas de tratamiento de imágenes, restaurar viejos manuscritos y recuperar la información, antes dada por perdida, que contienen.

Arguye Lanham (77) Parece claro que el texto electrónico busca su camino hacia una clase o paradigma de escritura más cercano a lo oral interactivo, al juego de las formas, frente a la seriedad de lo impreso en su búsqueda de una verdad fijada en negro sobre blanco y firmada, o afirmada, por el maestro.

Los soportes electrónicos de la escritura permiten, por primera vez, la alteración y actualización continua de lo registrado.

La biblioteca del futuro recoge en una pantalla todos los espacios, donde todo lo que ha sido escrito puede ser convocado, reunido, leído… y relacionado. Mucho más que antes, puede ser liberado de la textualidad que el codex imponía, sin perder por ello la posibilidad de aislarse o encerrarse en páginas o pliegos.

Isto foi o que máis me chamou a atención do texto de Moneros.

Nel dáse unha visión moi pouco alentadora para os medios impresos, xa que segundo este terminarán por desaparecer e a información pasará a ser visualizada unicamente en soportes electrónicos. De feito sinala que o primeiro paso será que todo o traballo de documentación se informatice, o que facilitará a busca de arquivos, a comparación de información, etc.

A grandes rasgos estou de acordo coa súa opinión, penso que a maneira máis adecuada de conservar información hoxe en día e a súa dixitalización. A creación de bases de datos na rede facilita moito o labor de documentación. O feito de ter que andar a buscar arquivos físicos en moitas ocasións é un impedimento ou unha limitación.

Por outro lado, é certo que o ámbito académico está moi ligado ao medio impreso. E isto é algo que se debería revisar. Resultaría moito máis práctico un libro electrónico no que se puideran actualizar os contidos en lugar de ter que comprar o alumnado cada poucos anos un libro novo, no que moitas veces só cambia a portada e as ilustracións.

Polo que se refire á prensa, penso que é algo distinto. Confío en que os medios impresos se manteñan como unha publicación na que os lectores poden encontrar algo diferente ao que se ofrece nas edicións dixitais. Artigos de opinión, artigos firmados que non son accesibles a través da páxina online, etc.  En definitiva aspectos que poidan marcar a diferenza respecto a información que podemos atopar frecuentemente en internet.

ENLACE: http://www.ucm.es/info/especulo/numero7/c_moreno.htm

Resumo

1895 Paul Otlet y Heri La Fontaine fundan en Bruselas el Instituto Internacional de Bibliografía.

En vísperas de la Primera Guerra Mundial, el Instituto produce ya un repertorio bibliográfico universal, un repertorio iconográfico universal, un catálogo central de bibliotecas, archivos documentales internacionales, y ya ha establecido una Biblioteca Internacional y un Museo Internacional de métodos documentales.

1910 creación de la Oficina Central de la Unión de Asociaciones Internacionales. “Hacer del mundo entero una sola ciudad y de todos los pueblos una sola familia”.

El siglo XIX, con la aceleración de la velocidad de los flujos de información y comunicación, ya ha dado a luz a una opinión de dimensión planetaria, y la aparición de los “públicos” modernos es la resultante de medios de comunicación que no dejan de ampliar el “círculo social” “por encima de todas las barreras de clanes, de clases, de confesiones, de Estado, hasta los límites del género humano”.

Comentario

Hoxe en día co asombroso desenvolvemento das tecnoloxías, a interconexión mundial é unha realidade. A través da rede podemos contactar con persoas de calquera parte do planeta e comunicarnos con elas. Internet como ven di o texto adquiriu unha dimensión planetaria e isto reflíctese tamén na información que nos chega do que sucede fóra das nosas fronteiras físicas. E dicimos físicas porque xa non hai verdadeiras fronteiras para os fluxos de comunicación. É certo que algúns gobernos tratan de evitar que saia información do que ocorre dentro do país, pero malia todo é imposible controlar todo o que circula pola rede.

Incluso os documentos arquivados baixo a etiqueta de “secreto de sumario” poden chegar a ver a luz, e converterse no centro das miradas. Un exemplo claro é WikiLeaks, unha organización internacional sen ánimo de lucro que publica a través do seu sitio web informes anónimos e documentos filtrados con contido sensible en materia de interese público, preservando o anonimato das súas fontes. O lanzamento do sitio realizouse en decembro de 2006, se ben a súa actividade comezou en xullo de 2007-2008. Dende entón a súa base de datos creceu constantemente ata acumular 1,2 millóns de documentos.

A documentación é unha disciplina que emerxe a finais do século XIX. Xorde para resolver, a través de métodos científicos, a organización e circulación da información.

É unha ciencia informativa de carácter social cunha función mediadora entre o creador da información e o receptor da mesma.

Documentación ten a súa raíz no termo documento Etimoloxicamente procede dos termos latinos: documentum, documenta, documentatio.A raíz do termo Documentum está en docere (ensinar)

Implica a recuperación de información, a análise intelectual, a síntese e a difusión.

A documentación é unha disciplina científica que trata de recompilar, almacenar, analizar e difundir información contida en documentos de distinto tipo para facela accesible a calquera persoa que poida necesitala.

Céntrase no estudio dun proceso informativo de calificación especial que se base na recuperación da información.

A documentación na práctica é:

  • Saber buscar
  • Saber identificar
  • Saber seleccionar
  • Saber clasificar

As finalidades do proceso documental son:

1) facilitar a recuperación e uso dos documentos polos usuarios;

2) garantir a súa conservación.

Historia da documentación. Datos relevantes

Pasado remoto. A historia remóntase á historia dos documentos.

Ao redor do ano 2500/3000 a. C., están datadas as primeiras tablillas de arcilla (Tablillas de Uruk), materiais de escritorio que se usaban para información administrativa e de contas que proporcionaron os antigos habitantes de Mesopotamia (entre Tigris y Éufrates).

Lembrar a Biblioteca de Alejandría que se estima foi fundada a principios do século III a. C. por Ptolomeo I Sóter, na cidade grega do mesmo nome. Calcúlase que chegou a almacenar uns 700.000 manuscritos.

Lembrar a Biblioteca de Alejandría que se estima foi fundada a principios do século III a. C. por Ptolomeo I Sóter, na cidade grega do mesmo nome. Calcúlase que chegou a almacenar uns 700.000 manuscritos.

La Biblia de las 42 líneas (1455), primeiro libro impreso en Europa occidental significou o inicio dunha nova etapa: a mecanización dos textos. Primeira explosión documental, ao ampliarse o número de exemplares (libros).

Humanismo s. XV e XVI.  Aumento da produción de libros. Variables idiomáticas y maduración das linguas vernáculas.

Siglo XVII, continúa o impulso a pesares da Contrarreforma, a partir do último terzo do s. XVI, que sí afectou ao desenvolvemento científico en España.

Racionalismo s. XVII e XVIII.

Aparición das primeiras revistas científicas No século XVII, apareceu Le Journal des Savants(5/1/1665).6/3/1665, apareceu Philosophical Transactions of the Royal Society.

Nos séculos XVIII y XIX, segunda explosión en publicación de libros. Bibliografía se constitúe como a ciencia para xestionar o descontrol de publicacións.

Nacemento da documentación como disciplina científica A súa orixe atópase na figura dos avogados belgas Paul Otlet y Henri La Fontaine que idearon o Repertorio Bibliográfico Universal.
  • 1ª etapa. Dende o inicio da bibliografía ata finais do s. XVII e a aparición das primeiras publicacións periódicas de carácter científico: Journal de Sçavants (Paris, 1665).
  • 2ª etapa. Do Journal de Sçavants e aumento das publicacións científicas. Este crecemento da paso á creación das primeiras revistas de resumos ou Abstracts Journal.
  • 3ª etapa. Aumento da ciencia e a tendencia á especialización abren o camiño á Documentación. Paul Otlet y Henry La Fontaine, en 1895, fundan el Instituto Internacional de Bibliografía, en Bruxelas. En 1931, cambia o seu nome por el Instituto Internacional de Documentación, e, en 1938, pasa a denominarse Federación Internacional de Documentación (FID).
  • 4ª etapa. Consolidación por mor ao esforzo de investigadores como Wickery y Bradford, en Reino Unido, e Pietsch, Alemaña.
  • 5ª etapa. Novas tecnoloxías para o tratamento, almacenamento e difusión da información.

Novas expresións

Do contido documental pásase ao contido informativo, evolución da documentación, e que supuxo novas denominacións como:

Information Science (Ciencia da Información, Estados Unidos)

Information Management, xestión da información e da documentación nas organizacións. Information Management System,  sistema de xestión da Información

Information Manager, xestor da información nas organizacións

Information Retrieval (IR, Calvin Mooers, 1950) o recuperación de la información

Knowledge Management, xestión do coñecemento

Outros ámbitos das Ciencias da Documentación:

Bibliografía

Biblioteconomía o Bibliotecología

Biblioteconomía o Bibliotecología

Museoloxía

Sociedade documental